Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto, 2021

Proxecto Turbina

O proxecto Turbina nace da necesidade de darlle voz á rapazada boirense, na procura de atender as súas inquedanzas e intereses no que a alternativas de tempo libre se refire.  Adaptar a programación de actividades culturais ás demandas da rapazada é unha das materias pendentes, por iso consideramos que crear con ela, facéndoa axente activo na produción de actividades culturais e de tempo libre é o xeito de crear alternativas do seu agrado e interese.  Desta necesidade, nace o grupo de voluntariado xuvenil Turbina, integrado por rapaces e rapazas de diferentes idades que están a crear as súas propias actividades de tempo libre. O festival Turbina, é unha das actividades froito do traballo que este grupo de mozos e mozas veñen realizando ao longo dos últimos meses. O festival integra actuacións musicais e diferentes actividades, que o grupo de rapazada se encargou de organizar e coordinar dende cero, poñendo ao seu dispor todos os recursos humanos e materiais posibles para poder...