ARTISTAS
A Costa Nosa
A Costa Nosa é un colectivo de artistas que nace da necesidade dunha representación común para os artistas da zona do Barbanza. O noso obxectivo é a difusión, creación e organización de proxectos relacionados coas obras audiovisuais.
info en https://acostanosa.com/
inscripción aquí
Alvaro M. (Dj)
Unha vida dedicada a música dende o máis clasico, ao contemporáneo, dotan a este musico dos recursos necesarios para acercarnos a súas visión desta arte aos nosos oídos.
Baixos escuros, ritmos minimaliestas, o techno underground e a electrónica máis experimental, conforman a faceta principal de AlvaroM
J Yastin (Rapero)
Nativo do Concello de Boiro
A súa inspiración pola música xurdiu con 10 anos escoitou a SFDK.
Estilo musical caracterizado pola fiidelidade a un mesmo e a superesión da sua loita interna a través da música.
Koni D (Rapero)
Empeza a escribir con 12 anos influecnicao polos mundos máis undergroun da cultura hip hop.
Na actualidade adentrase en novos estilos, innovando para mellorar e medrar.
SP991 (Cantante)
Os seus inicios teñen lugar nas batallas de rúa.
Caracterizase pola sua enerxio e paison ao cantar as súas composicións. Encantalle perderser entre instrumentais de mil tipoloxías diferentes ata encontarar a perfecta.
Naji Gatbache (Cantante)
Este artista medra atraido polas distintan disciplinas artísticas coma o baile, o teatro e a pintura, centrandose na actualidade na música.
Astray
Nativo do Concello de Boiro, a súa andadura pola música comezou aos 14 anos escribindo pequenos textos e converténdoos en cancións, escollendo o rap como forma de expresión.
Este artista dase a coñecer a traves das plataformas dispoñibles en internet recibindo unha reposta moi positiva do público o que o leva a lanzar un álbum formado por catro cancións compostas e grabadas durante o encerro provocado pola COVID-19.
inscripción aquí
The Cuncas
Xurdido en pleno confinamento, este grupo musical composto por catro integrantes da zona do Barbanza (tres de Boiro e un de Taragoña) caracterizase polo ter un estilo pop, rock e pop rock con nome propio que BELISCA a alma e ESPERTA os sentidos da man da voz, baixo, piano bateria e guitarra.
Copa Turbo
Nace en 2017 en Santiago de Compostela da man de tres amigos que estudan na cidade e arredores. Logo dun longo percorrido por salas e festivais dentro e fóra de Galiza, nestes tempos de pandemia, o son Garage punk máis característico dos seus comezos mistúrase con outros elementos do post punk e do noise, entre outros estilos.
Actualmente son catro os membros da banda, cuxa pretensión é un show enérxico e potente que integre novos sons e matices, nun marco moi persoal que non deixará a ninguén indiferente.
inscripción aquí
Las hijas de ZP
Grupo integrado por Sabela e Susana, dúas DJ galegas que incorporan estilos moi diversos creando listas de reprodución como “Friki Pa Ti”, “Noise” e “Electrópica”, dispoñibles en Spotify.




Comentarios
Publicar un comentario