ACTIVIDADES

Holi battle 

¿Qué é?

A Holi é unha das festividades maís especiais e importantes da Indía. Tratase dun día no que o país se tiñe de luz e cor para celebrar o final do inverno e o comezo da primavera, a vez que se festexa o triunfo do ben sobre o mal.

Durante a festa Holi non existen diferenzas entre clases sociais, relixións, idades e sexos. Tratase dunha celebración que achega a uns e a outros nun breve instante de diversión e despreocupación, no que non importa ensuciarse ao máximo.



¿Que imos facer nós?

Debido a situación sanitaria actual imos adaptar esta celebración, polo que en pequenos grupos en zonas delimitadas realizaremos a nosa batalla de cores a cal estará amenizada polas “Las hijas de ZP”-

 

 

Recomendacións:

Agardamos que esta festa sexa unha experiencia inolvidable, pero é moi importante seguir algunhas indicación, buscando un enterno seguro e de desfrute. A continuación indicamos as recomendacións a seguir.

  • Deberemos traer mascarillas de reposto, tendo en conta que tras a batalla deberemola mudar.

  • Levar roupa vella que non vos importe tirar despois da festa, xa que acabaredes sumidos nunha impresionante nube de cores (se pode ser camisola branca o efecto e mellor).

  • Usar crema hidratante ou protección solar, xa que axudara a que as cores non se fixen tanto a pel e será máis doado de eliminar.

  • Para protexer os ollos o mellor e levar gafas de sol, para evitar os pos na medida do posible, xa que empezaran a voar de forma incontrolable como parte da maxia da Holi.




*LINK: https://www.youtube.com/watch?v=JRcTg7NeDck




Xincana 

¿Qué é?

A xincana é un xogo de colectivo de competición por equipos nas que deberanse ir superando probas e reto de diversa indole (inxenio, habilidade, deportivas…) para alcanzar un obxectivo.

 

¿Que imos facer nós?

Realizaremos un percorrido de 10 probas situadas na cachada que deberán superar, obtendo unha puntuación pola superación de cada unha  destas, competindo cos grupos restantes por alcanzar a mellor puntuación e obter o premio final.

  

 

Recomendacións:

  • Aconsellamos levar roupa e calzado cómodo.

  • Levar mascarillas de reposto.




Skate

¿Qué é?

O Skate é un dos deportes urbans máis practicados do mundo e modalidade olímpica no 2021. Esta disciplina utiliza o monotpatín para realizar diferentes trucos, como saltos ou xiros, entre outros, facendo uso do medio urban como circuito, ainda que tamén ser desenvolve en espacios concebidos para elo (skate parks), acondicionados con rampas, caixóns e railes que amplian o rango de posibilidades.

 


 ¿Que imos facer nós?

Aprobeitando o Skate Park realizaremos un obradoiro de iniciación no que se procura dotar das ferrementas basicas para dar os primeiros pasos neste deporte.

Este obradoiro realizares en dúas quendas de 10 participantes cada unha cunha duración de 45 min cada unha.

A idade mínima sera de 10 anos.

 Recomendacións:

  • Levar roupa cómoda.

  • Mascarillas de reposto.

  • O material para a actividade corre a cargo da organización polo que non é preciso traelo.





Danza urbana

¿Qué é?

A danza urbana é unha modalidade de baile que engloba diferentes técnicas asociadas ás danzas urbanas, como son o Poppin, o Locking, o Krump, o Hip Hop… 

 



¿Que imos facer nós?

Organizaremos un taller da man de Vella Escola na que ensinarán ás persoas participantes diferentes pasos de baile e a técnica para executalos correctamente, aprendendo a seguir o ritmo e adquirindo un flow propio. Para finalizar, practicarase unha breve coreografía grupal que poña en práctica o aprendido ao longo da sesión.

 

 

Recomendacións:

  • Levar roupa cómoda e elástica, xa que os pasos de baile de danza urbana requiren de moita mobilidade.

  • Mascarillas de reposto.





Tie-dye

¿Qué é?

O tie dye é unha técnica de tintado de prendas que consiste en anudar anacos dunha prenda para tintalos posteriormente. Acostuma a realizarse sobre tecidos naturais como algodón, seda, cáñamo, cachemir… pois para que a prenda agarre ben as cores é importante que esta sexa de fibra natural.

¿Que imos facer nós?

Realizaremos un taller onde aquelas persoas interesadas, previa inscrición, poidan personalizar as súas propias prendas de roupa.



Requisitos:

  • Todas as persoas participantes deben levar algunha prenda que queiran tintar, preferiblemente de cor branco ou doutra cor clara.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Proxecto Turbina